Política

Feijoo pensaba que Cádiz estaba ao lado de Ferrol


“Los dos astilleros eran de Navantia, quien pensaría que estaban separados”, declaran fontes oficiais

feijoo andalucia

Xesto de Feijoo cando estaba falando da construción naval en Navantia nun mitin en Andalucía

Tempos Galegos falou cunha fonte confidencial do gabinete do presidente que desvelou que Alberto Núñez Feijoo pensaba que Cádiz estaba ao lado de Ferrol. “En Galicia te hay muchos pueblos acabados en -iz: Mondariz, Allariz, Guitiriz. Quien iba pensar que Cadiz estaba fuera, neno? Además no dicen que tiene un astillero de Navantia? Buah, así no hay quien se aclare”, declara un dos colaboradores de Feijoo que prefire permanecer no anonimato. As mesmas informacións indican que durante unha visita de Feijoo a Andalucía o presidente dos galegos xa prometera alí tamén a construción dun flotel. “Es que te es difícil saber si estás en La Coruña o en Cádiz, neno. El Negreira te hace muchas ferias de abril y, aunque te parezca mentira, a veces ya no sabes si estás en Andalucía o en Galicia… Seguro que a Feijoo le pasó lo mismo… Vaya muvi, chorbo!”

As informacións coinciden con outras recibidas por este xornal dende a sede do PP na madrileña Rúa Génova nelas fálase de que o PP en Galicia vai recibir os votos dos galegos fagan o que fagan e que, coa decisión de levar o flotel a Cádiz, reforzarán o asalto conservador á Junta de Andalucía. “Los gayegos esos tragan con todo”, comentan dende a Executiva estatal do Partido Popular.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.