O PP proporá retrasar o fuso horario 1000 anos

En principio o Partido Popular indicara que a súa proposta era retrasar o horario unha hora para ‘adecuarlo a las necesidades del país’ pero cálculos posteriores das FAES indicaron que era moito máis acaído retrasar o reloxio un milenio xa que o feudalismo da Idade Media ‘se adecuaba mucho más a la realidad española’. As…

Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela

Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego.  Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do…

Ana Aznar, nova afiliada do PNV

Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana…

Roxos e separatistas empobrécense adrede para fastidiar ao goberno

Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado…

O bigote de Aznar medra cara adentro

Esta foi a afirmación categórica que se da desde a Clínica RUBER, onde desde a pasada noite o expresidente do goberno permanece ingresado. En rolda de prensa o equipo médico encargado do que no seu momento fora un dos bigotes máis valorados, explicaron que se atopan ante unha das chamadas enfermidades raras, sendo un dos…