Pablo Casado e Albert Rivera danse Match en Tinder
Actualidade

Pablo Casado e Albert Rivera danse Match en Tinder

Fontes próximas confirman que xa tiveron unha primeira cita coincidindo co día de San Valentín Os líderes de PP e C’s, Pablo Casado e Albert Ribera, atopáronse na rede social Tinder. Segundo apuntan persoas achegadas os líderes políticos de ámbolos dous partidos, cada un deles, na intimidade do seu baño, sentados no seu trono, decidiron … Seguir lendo

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha
Ciencia

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking … Seguir lendo

Nas próximas eleccións catalás votará toda España
Política

Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos … Seguir lendo

As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España
Actualidade

As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España

A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que … Seguir lendo

A segunda equipación da selección española podería levar a aguia franquista para contentar a todo o mundo
Deportes

A segunda equipación da selección española podería levar a aguia franquista para contentar a todo o mundo

A camisola que terá fondo branco e vermello tería a galiña franquista en lugar do habitual escudo. Tanto Adidas como a Federación Española de Fútbol tentaron no día de hoxe saír ao paso das declaracións acaecidas nos últimos días sobre o republicanismo da nova camisola da selección. Para tal fin, no día de onte foi … Seguir lendo

Aplícanlle o artigo 155 a un xuíz por querer ser independente
Actualidade

Aplícanlle o artigo 155 a un xuíz por querer ser independente

“Aquí no se independiza ni cristo bendito”, indican dende o Ministerio de Xustiza. As pretensións dun xuíz de ser independente veñen de rematar bruscamente ao serlle aplicado o artigo 155 da Constitución. O xuíz que, segundo a fiscalía, estaba adoutrinado sobre a imparcialidade e a independencia xudicial rematou o seu periblo na xudicatura e será … Seguir lendo

Detido un independentista catalán que pretendía que 1000 persoas pasaran a mellor vida
Actualidade

Detido un independentista catalán que pretendía que 1000 persoas pasaran a mellor vida

A Garda Civil ven de deter un independentista catalán que portaba no seu corpo un cinturón de papeletas e unha mochila con cartaces anunciando o referendo do 1 de outubro. Segundo acaba de informar un voceiro do Ministerio do Interior o independentista formaba parte dunha célula conformada polo oitenta por cento dos habitantes do territorio … Seguir lendo

Iago Aspas bica unha bosta despois de marcar o gol coa selección española
Deportes

Iago Aspas bica unha bosta despois de marcar o gol coa selección española

As cámaras de televisión non foron quen de captalo, pero numerosos afeccionados aseguran que o de Moaña acabou cunha merda na súa boca despois de marcar o gol do empate en Wembley. Iago Aspas foi o protagonista da  xornada despois do partido que enfrontou á selección española coa súa homologa inglesa no estadio londinense de … Seguir lendo

En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa
Deportes

En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa

A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira … Seguir lendo