Pablo Casado e Albert Rivera danse Match en Tinder

Fontes próximas confirman que xa tiveron unha primeira cita coincidindo co día de San Valentín Os líderes de PP e C’s, Pablo Casado e Albert Ribera, atopáronse na rede social Tinder. Segundo apuntan persoas achegadas os líderes políticos de ámbolos dous partidos, cada un deles, na intimidade do seu baño, sentados no seu trono, decidiron…

España culpa da súa eliminación á trama rusa

Os defensas do combinado ruso puxeron en marcha unha máquina de inxerencias no centro do campo. Miles de españois espertaron da sesta sobresaltados tras a eliminación da selección española a mans de Rusia. Os afeccionados non podían facer outra cousa que contar pases o que provocou que as comidas familiares do domingo exerceran o seu…

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking…

Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos…

As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España

A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que…

Aplícanlle o artigo 155 a un xuíz por querer ser independente

“Aquí no se independiza ni cristo bendito”, indican dende o Ministerio de Xustiza. As pretensións dun xuíz de ser independente veñen de rematar bruscamente ao serlle aplicado o artigo 155 da Constitución. O xuíz que, segundo a fiscalía, estaba adoutrinado sobre a imparcialidade e a independencia xudicial rematou o seu periblo na xudicatura e será…

Iago Aspas bica unha bosta despois de marcar o gol coa selección española

As cámaras de televisión non foron quen de captalo, pero numerosos afeccionados aseguran que o de Moaña acabou cunha merda na súa boca despois de marcar o gol do empate en Wembley. Iago Aspas foi o protagonista da  xornada despois do partido que enfrontou á selección española coa súa homologa inglesa no estadio londinense de…

En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa

A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira…

O PP pide que todos os europeos voten no referéndum do #Brexit

Así se manifestou o líder do PP, Mariano Rajoy durante un mitin este domingo. O partido popular pretende así marcar unha posición clara ante o inminente referendo que se celebrará en Reino Unido acerca da continuidade ou non na Unión Europea. Deste xeito o PP continúa coa súa postura xa mostrada de que todos os…