Cultura

Atopado en Vigo un neno falando galego


Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais.

Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata a comisaría, onde tentaron sen resultado practicarlle un exorcismo. En palabras da súa presidenta, Gloria Lago, “debemos aislarlo para su análisis y volverlo a su estado natural de bilingüismo o sacrificarlo”, xa que se trataría dunha especie invasora.

Tamén foron mobilizados ata o lugar dos feitos o Grupo de Fenómenos Paralingüísticos do Instituto da Lingua Galega (ILG), que xa daba por extinguida esta especie. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes,  foi consultado a este respecto e alertou de que “pese aos esforzos realizados por esta institución para que a xente diga xonqui e arrombacoches, a perda de falantes continúa en picado sen que entendamos o porqué”. Nas próximas horas enviaranse brigadas do ILG a Coruña e Ferrol na busca doutros membros desta especie considerada extinta.

Desde a Xunta de Galicia consideran que “es unha buena nova ya que o estado de salú de la lingua te es unha prioridá para este gobierno”. Da mesma maneira expresou a súa felicidade o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que xa foi felicitado polos alcaldes de Nova York, Tokio e Puebla de Sanabria, “es una buenísima noticia para nuestra lengua y nuestra ciudad contar con semejante atracción”, polo que acenderá de novo as luces de Nadal ata a fin do verán.

Artigo enviado por Óso-da-soá

4 thoughts on “Atopado en Vigo un neno falando galego

  1. Algum dia daremos-lhe a volta a isto? Só se o reintegracionismo triunfar… o recastrapismo é quem nos levou à desfeita por colaboracionista e desprestígio da língua. Quem vai acreditar num “crioulo do castelhano” que se ” acentua como el castellano”, em caso de dúvida, “como el castelhano”… ortografia”la del castellano”? Para isso já existe o Castelhano! Contudo, o autor do artigo não teria que criticar o ILG nem a RAG, pois está a utilizar sua ortografia.

    https://temposgalegos.com/2019/02/13/atopado-en-vigo-un-neno-falando-galego/

  2. — Muu muuuu !!!. Boa tarde, Moncho !!!. E obrigado por permitir e acolher com gosto este consello vacún ( literario).Cadaquém sementa nos regos das verbas, a semente ca “”musa da inspiracao”” ofreceche a cotio. Nesta Pedra Redonda que da voltas, non hai linguas enxebres.O Povo é quen !!!.

    . (( Com Afeito Inmenso ao “Poeta” Zeca Afonso )).

  3. Alguén eiquí , CENSUROU, PARTE DA MINHA RESPOSTA ANTERIOR !!.
    Tecleo outra vez !!!.
    Moralexa:
    << Em cada variedade lingüística , uma amiga. Em cada argallada poética , igualdade . Pluri-Tipismo Lingüístico GALAICO-PORTUGUÉS, Terra da Fraternidade >>.
    ((Com Afeto Imenso ao “Poeta” Zeca Afonso)).

  4. —Manda caralho, Paisano Carvalho (Calero) !.;— Que aconteceu ?.;
    — Da Minha Primeira Resposta, “desintegraron”, parte dela.—Isso é tudo?.; — Da Segunda Resposta, nada dela ficou !.;—PreParvos com PreJuízos !.Estou a bater dente com dente!; —Tremem em Nós, as queijadas !.; —Arrepiaseme a calva, por nao te apadrinhar a tempo !;
    —Tarde piaches !, prefiro ser un ninguén !.;— Nada muda.Dessenterran contos velhos pra mover disputas.A estas alturas, te-las vacas no milho, da que pensar. —Madia leva !.; —E dalhe com remexe-lo caldo !.Meu Neno Aldeán, pelos agudos coma o pé dum muinho ,nao quites as zocas!..;—Esta predestinado morrer coas zocas postas !.;–Bule bule a untarlhe o rabo ao cocho gordo !.;—Era boa !.;—Bora bora estás de bom ano !.;—Sempre mandándome os melhores dessejos !.;— Estas para caer de pé !. Es o donó da banca !.; — Fagan jogo, Senhor@s da Censura, fagan jogo !.Admiten-se apostas !….

Deixa unha resposta a Gonzalo Bello Barros. Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.