O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto. Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale … Seguir lendo
Tag Archives: casado
Pablo Casado amosa o seu máster
Despois de semanas de incógnitas sobre os seus estudos o presidente do PP saca a relucir o seu único máster. Pablo Casado convocaba a prensa para primeira hora desta mañá para facer declaracións sobre os seus estudos. A expectación palpábase no ambiente ante a posibilidade de que Casado puidese aclarar finalmente o sucedido co seu … Seguir lendo
Casado abandona a política para dar clases de técnicas de estudo
O xerarca nacional-católico anunciou hoxe a súa retirada do campo político para pasar a exercer coma mestre privado, aproveitando a súa experiencia para axudar aos estudantes a rematar con éxito e rapidez os seus estudos. O xa ex-secretario xeral afirmou en declaracións aos medios que “Na miña nova etapa profesional calculo que os meus ingresos … Seguir lendo
Un clon de Albert Rivera ocupará a presidencia do PP
Aznar rebenta o bandullo de casado e entre sangue e vísceras di: “Era Yo Casado” Tras varias semanas de intensa campaña, consecuencia da moción de censura que provocou a caída de Mariano Rajoy no Goberno e colocou a Pedro Sánchez na Moncloa, o Partido Popular ven de elexir novo presidente. Trátase de Pablo Casado, famoso … Seguir lendo
Centos de monxas desconcertadas por non saber que papeleta das primarias darlle os anciáns
As primarias do PP provocan o desconcerto en membros do clero ao non ter claro cara cal dos precandidatos á presidencia do PP ten que ser o destinatario da carretaxe. Numerosos grupos de monxas, alcaldes e membros do clero de distinta pelaxe amosaban onte o seu desconcerto ao non saber a quen tiñan que ir … Seguir lendo