Cultura

Centos de persoas precisaron insulina tras dez baladas seguidas dos Scorpions no Resurrection


Heavies dos setenta e oitenta gastaron todos os chisqueiros tras dez baladas seguidas dos Scorpions e foron auxiliados por millenials que lles ensinaron a poñer a linterna no móbil.

O esgotamento de chisqueiros non foi o único efecto do paso dos Scorpions polas terras do norte de Lugo, as reservas de insulina esgotáronse en Viveiro e tiveron que traer máis dende Burela e Lugo para atallar as hiperglucemias dos asistentes ao Resurrection Fest 2018.

Dez baladas seguidas da banda alemá fixeron subir alarmantemente os niveis de azucre dos asistentes e centos deles precisaron atención médica a partir da sexta balada e o suceso transformouse en pandemia despois de encadear a décima balada consecutiva.

“A quen se lle ocorre non meter unha canción normal polo medio”, indica un ATS dunha ambulancia medicalizada que estaba no recinto. “A xenta xa sudaba merengue cando meteron Send me an angel e Still loving you seguidas e sen interrupción e claro, colapsaron”, indica un médico mobilizado de urxencias para atender os asistentes.

A Consellería de Sanidade, criticado polo escaso dispositivo e preparación ante o festival deste ano, que incluía pasteleo a saco, negou non estar preparada e xa botou balóns fóra “la culpa es de la gente que le echa cocacola normal al kalimotxo, que lo beban con cola zero”, declarou un voceiro do Sergas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.