Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’. A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia. É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas … Seguir lendo
Tag Archives: mocion de censura
Rivera sobre a Gürtel: “Yo no veo corruptos y honrados, yo veo españoles”
O líder de Ciudadanos pensa que estas cousas soamente afondan na división entre españois. A publicación da sentenza sobre a Gürtel e a condea ao PP como partido non inmuta nin un ápice o discurso de Ciudadanos. Nesa liña Albert Rivera indicou que non vía corruptos e honrados e que soamente vía españois afondando no … Seguir lendo
Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces
Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido. Despois de diversos estudos teóricos, estudos en campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas; un grupo de científicos do CSIC acaban de dar coa resposta que explica que … Seguir lendo
Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale
O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy. Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o … Seguir lendo
O PSOE ante a moción de censura de Podemos: ‘No es no’
A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que … Seguir lendo