Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de … Seguir lendo
Tag Archives: Referendo
Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente
A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe … Seguir lendo
Detido un independentista catalán que pretendía que 1000 persoas pasaran a mellor vida
A Garda Civil ven de deter un independentista catalán que portaba no seu corpo un cinturón de papeletas e unha mochila con cartaces anunciando o referendo do 1 de outubro. Segundo acaba de informar un voceiro do Ministerio do Interior o independentista formaba parte dunha célula conformada polo oitenta por cento dos habitantes do territorio … Seguir lendo
O PP pide que todos os europeos voten no referéndum do #Brexit
Así se manifestou o líder do PP, Mariano Rajoy durante un mitin este domingo. O partido popular pretende así marcar unha posición clara ante o inminente referendo que se celebrará en Reino Unido acerca da continuidade ou non na Unión Europea. Deste xeito o PP continúa coa súa postura xa mostrada de que todos os … Seguir lendo
O rei de España abdica, rómpese España
O anuncio de El-Rei de renunciar ao trono non deixa a ninguén no seu sitio. Reunidos con carácter de urxencia os JuanCarlistas decidirán en referendo se apoian ou non o alzamento republicano. As prazas énchense de guillotinas á espera de ver rodar pirolas. O anuncio feito esta mañá por Mariano Rajoy non fai máis … Seguir lendo
Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil
Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil. A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico … Seguir lendo