Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, … Seguir lendo
Tag Archives: concello
Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe
O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel … Seguir lendo
Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de … Seguir lendo
O concello de Santiago de Compostela instalará unha sala xudicial nas súas dependencias
En rolda de prensa na mañá do xoves, o alcalde de Compostela, Ángel Currás, presentaba o proxecto polo cal o Concello da capital galega comezará coas obras de construción da infraestrutura necesaria para dotar ao consistorio de dependencias xudiciais. Segundo explica Currás, os numerosos procesos abertos contra os membros do executivo santiagués obrígano a tomar … Seguir lendo