O conxunto deportivista espera impaciente e mentres probará co xogador holandés. O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, presentaba onte en rolda de prensa ao que será o entrenador temporal do conxunto herculino mentres seguen a espera do cesamento de Zinedine Zidane por parte do Real Madrid. A mala xeira de resultados e de … Seguir lendo
Tag Archives: real madrid
Baltar ficha a Cristiano Ronaldo como porteiro da Deputación de Ourense
O futbolista ocupará o posto de porteiro no edificio Simeón de Ourense. Manuel Baltar anunciou onte nas súas redes sociais a fichaxe do ano, nada máis e nada menos que a contratación por parte da Deputación Provincial de Ourense do futbolista Cristiano Ronaldo. A fichaxe, da que aínda non trascendeu a cuantía, será para cubrir … Seguir lendo
Sergio Ramos volve estrelar outra copa contra o chan
Os xogadores madridistas festexaron o seu triunfo nun bar de Cardiff onde Ramos estrelou o seu GinWater contra o chan. O Real Madrid alzouse en Cardiff coa súa décimo segunda copa de Europa, desta volta ante un rival xa coñecido noutras finais como é a Juventus de Turín. Despois da victoria con solvencia da equipa … Seguir lendo
O Real Madrid clasifícase para semifinais con normalidade arbitral
O árbitro tivo nos seus pés o 5-2, pero finalmente a bóla non rematou entrando. Os merengues disputaron onte un intenso partido que se decidiu na prórroga cun resultado final de 4-2, pero que durante moitos minutos tivo ao Bayern de Munich como semifinalista. O Real Madrid con goles 3 goles de Cristiano, un deles … Seguir lendo
O novo Dinoseto será fabricado con céspede do Bernabeu
“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero. O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de … Seguir lendo
A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid
Na súa construcción faleceron polo de agora 10 Lobetos. A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier. A nova superficia … Seguir lendo
Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid
Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de … Seguir lendo
Galicia Bilingüe denunciará a Mourinho por falar en reintegrata
A asociación de defensa do castelán Galicia Bilingüe anunciou que presentará unha denuncia ante a Secretaría de Política Lingüística para evitar que haxa personas que “se puedan expresar impunente en reintegracionista”. A noticia trascendeu o día 21 de abril cando Mourinho non quixo responder en castelán aun periodista español. Ante isto a asociación amosouse indignada e … Seguir lendo