El, só. Ninguén máis.
O secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo, abriu a porta a que a que el mesmo concorra en solitario ás próximas eleccións autonómicas. En concreto, informou diso no informe presentado no en rolda de prensa nun céntrico hotel de Compostela.
A este respecto, opinou que a coalición En Marea, conformada por Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida, tivo «erros» durante a campaña, que «evidencian» a necesidade de «reflexionar ante novos desafíos que se presentan» e «analizar os escenarios onde facerse destacar».
Riobóo expuxo a posibilidade de concurrir en solitario ás eleccións galegas: «Camiñar como Breogán Riobóo en base aos meus principios persoais e entendendo a miña fortaleza propia mostrada ao longo de toda a campaña, sacando adiante principalmente e en moitos casos, mesmo en solitario, unha campaña sen financiamento dos bancos e con escasos fondos».
Para iso, indicou o secretario xeral de Podemos Galicia, hai que «impulsar o meu protagonismo». A este respecto, anunciou que este luns 11 de xaneiro reunirase coas secretarías xerais municipais para traballar nos «novos desafíos» expostos e organizar un encontro coa súa simpatizancia, que terá lugar no mes de febreiro.