Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño … Seguir lendo
Tag Archives: deputacion ourense
Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense
O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense. O convenio de colaboración implicará o uso da tecnoloxía do coñecido portal para a emisión por streaming das probas prácticas das oposicións. Segundo transcendeu dita emisión farase a través do apartado … Seguir lendo
A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen
Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se … Seguir lendo
Baltar tamén prometeu a lúa
Difúndese nova información sobre a habitación 505, onde Baltar tería tido os seus encontros. Ademais de placer e postos de traballo na Deputación de Ourense, Baltar tamén tería prometido a lúa a diferentes persoas, entre elas á denunciante que a semana pasada levaba ante os tribunais ao presidente da Deputación de Ourense. “Prometíame moitas cousas, desde … Seguir lendo
A Xunta ordea a Meteogalicia que chova para tapar a sentenza de Baltar
As augas baixan turbias por San Caetano cos asuntos políticos relacionados coa corrupción de membros do PP. Esta mesma mañá algúns funcionarios puideron escoitar o rapapolvos que Feijoo lle deu ao ministro Gallardón e como lle ordeaba que puxera en vereda ao estamento xudicial que tantas dores de cabeza lle está a dar coa operación … Seguir lendo