Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións. O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a … Seguir lendo
Tag Archives: confluencia
Podemos podería descartar confluír con Podemos
A organización liderada por Pablo Iglesias acaba de dar un golpe de efecto crucial para as próximas eleccións ao parlamento español. Anunciaron que non confluirán con ninguén xa que a marca e moi importante e avanzaron que nin sequera confluirían con eles mesmos se non adoptan a denominación ‘Podemos – outra cousa’. ‘Anunciamos que o … Seguir lendo
Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor
Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo … Seguir lendo
Anova irá con calquera ás xerais, menos co BNG
Así o confirman fontes cercanas á organización nacionalista. O partido do histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras podería estar a punto de firmar un acordo que encauzará meses de especulacións e negociacións por todo o país a raíz das próximas eleccións ás Cortes do Estado español. O acordo firmado a diferentes bandas con outras organizacións … Seguir lendo