Cayo Lara obriga a Lidia Senra a falar español no Europarlamento


Según se desprenden de fontes confidencias de Anova – Irmandade Nacionalista, o coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, “recoméndalle” a nacionalista, Lidia Senra, que utilice no Europarlamento o “idioma vernáculo da nación de Cervantes”.

Lidia Senra falando español no Europarlamento
Lidia Senra falando español no Europarlamento

Cayo Lara esgrimiría para esto argumentos sobre a procedencia dos votos de Lidia Senra nos pasados comicios europeos, onde un alto porcentaxe deles proviría da rexión de Murcia. “Lidia representa tanto a los murcianos como a los gallegos, puesto que iba en una lista nacional española, en la que tanto le votaban galleguiyos como murcianos o extremeños“.

Sería debido a isto que Lidia Senra está a alternar as súas intervencións entre Español e Portuñol no Parlamento Europeo, para facilitar así a comprensión das persoas do imperio.

Pese ás críticas verquidas por outros grupos nacionalistas como o BNG ou CxG, Lidia Senra e Anova reafírmanse na necesidade de ser entendidos, e, ao non permitirse o idioma galego no Parlamento Europeo, o uso do español ou portuñol “faise indispensábel“.

Polo momento as críticas continúan desde as filas do Bloque Nacionalista Galego, e afirman que a súa “eurodiputada”, Ana Miranda, fala galegoportugués na súa casa, e algún día, cando finalmente entre ao Parlamento Europeo, tamén o fará alí. Haberá que esperar a ver.

2 Comments Add yours

  1. piorno_gz's avatar piorno_gz di:

    Nom há muito que esperar. Ana Miranda, igual que os seus predecessores, os eurodeputados Camilo Nogueira (BNG) e antes José Pousada (CG) utilizárom regularmente o galego no Parlamento Europeu desde há quase 20 anos. Um galego pulcro, cuidado e limpo de barbarismos. Lídia Senra podia seguir esse caminho com umha pequena “reciclagem”, apesar das críticas certas que iria receber dos colegas nacionalistas espanhóis.

  2. Descoñecido's avatar Anónimo di:

    Deberiades como mínimo facer un resumo executivo do que dixo a señora, ¿non? Así, de paso que nos desafogamos todos, tamén nos enteramos do que tiña que aportar alí. Porque digo eu que se non aporta o que dixo, tampouco importaría que o dixera en galego. Carallo, ás veces parecedes un tabloid…

Deixa unha resposta a piorno_gz Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.