O próximo Salvados denunciará malas prácticas no sector agrícola que teme un retraemento económico tras coñecerse os seus segredos. O sector da agricultura vegana está a tremer despois do anuncio da inminente emisión dun novo programa de Salvados no que o xornalista Jordi Évole analizará as sombras do sector vegano no estado Español. No programa … Seguir lendo
Tag Archives: vegano
Nace o primeiro vegano con dous bandullos
Médicos e científicos veñen de anunciar o sorprendente descubrimento do nacemento do primeiro vegano con dous bandullos. Segundo anunciaron en rolda de prensa esta nova especie de rumiante humano ten a mesma capacidade que as vacas procesando a comida entre os dous bandullos e ten a capacidade de regurxitala para poder proceder a un novo … Seguir lendo
Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa
Centros sociais ocupados de todo o país utilizan o poder do ioga para defenderse das cargas policiais. A Delegación do Goberno en Galiza ven de alertar aos corpos e forzas de seguridade do estado que estean preparados ante os coñecementos de ioga dos okupas dos centros sociais. A alarma saltou despois do desaloxo do CSOA … Seguir lendo
Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada
O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran. Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”, … Seguir lendo
O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas
É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más … Seguir lendo
Lanzan unha nocilla con sabor a zorza
O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación … Seguir lendo