Actualidade

Paco Vázquez exaculou ao coñecer a posibilidade dun pacto PP-PSOE


A posibilidade dun pacto entre o PP e o PSOE en próximas citas electorais provocou no ex-rexidor coruñés unha explosión de xúbilo que rematou cun orgasmo

Paco Vázquez, co seu pixama, no momento de chegar a urxencias

Paco Vázquez, co seu pixama, no momento de chegar a urxencias

Durante a fin de semana o Ministro Cañete avanzou a posibilidade de que nun futuro se dera un pacto entre o PP e o PSOE, ocorrencia que foi referendada polo expresidente Feliñe González durante unha entrevista no programa “El objetivo” que emite La Sexta.

Segundo informaron fontes próximas ao exalcalde coruñés, este atopábase vendo o citado programa de televisión cando empezou a emitir uns sons estraños que nunca antes escoitaran e que lle viron unha cara de felicidade tal que ata resplandecía.

“Parecía un gusiluz feliz, como un cruce entre un oso amoroso y un gusiluz”, comenta unha testemuña do suceso polo que foi levado a urxencias o exembaixador no Vaticano.

Alí constatouse que Vázquez estaba ben de saúde e que o suceso que acababa de acontecer fora unha exaculación provocada polas palabras de Felipe González.

Preguntado Paco Vázquez polo suceso comentou que “sentí una fuerza que se apoderaba de mi. Pensé en la fuerza que tendrían el PSOE y el PP juntos, sería como una Fuerza Nueva maravillosa… y entonces sucedió…”

O rexedor aproveitou a presenza do sacerdote a soldo do Sergas para recibir unha extrema unción preventiva e, tamén, para confesarse e librarse do pecado de actos impuros.

2 thoughts on “Paco Vázquez exaculou ao coñecer a posibilidade dun pacto PP-PSOE

  1. Pingback: Paco Vázquez exaculou ao coñecer a posibilidade dun pacto PP-PSOE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.