A operadora utilizará a antiga tecnoloxía de Canal+ para codificar todo o porno de Internet
A multinacional de telecomunicacións pechou onte a compra de Digital+ ao Grupo Prisa por unha cantidade de 725 millóns de euros. Segundo transcendeu a idea era integrar a Digital+ na súa plataforma de contidos e televisión.
Pero a idea podería ir moito máis alá e pasar a codificar toda a pornografía de internet do mesmo xeito que facía Canal+ coa súa famosa película porno dos venres pola noite.
Hackers de medio mundo están implementar unha wiki para deseñar un pano de papel que sirva para visualizar as películas X sen necesidade de pagar por elas. De momento as probas realizadas coas marcas Kleenex e Scotex non deron os resultados esperados. Paralelamente estanse a desenvolver tutoriais para entornar os ollos e, con eles medio pechados e xirando a cabeza 45º poder distinguir as siluetas.
Xa están aparecendo codificados algúns videos de youtube como este ao que tivo acceso a nosa redacción: