A TVG planea unha Galivisión con todos os concellos galegos

Recolle así o guante deixado polo festival de Eurovisión da pasada fin de semana. Despois do éxito de audiencia alcanzado polo festival de Eurovisión nesta edición de 2018, a TVG planea o deseño o seu propio festival, no que en lugar de países europeos concursarán todos os concellos do país. Nun programa piloto producido por…

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…

Feijóo: “A democracia é unha merda”

Alberto Núñez Feijóo recíbenos no seu despacho de Monte Pío. Está sentado diante da súa mesa e sobre a cabeza ten pendurado un cadro de Manuel Fraga Iribarne posando coma Atlas, espido e co mundo sobre os seus ombreiros. Arrepiado pola imaxe, decátome de que o presidente ten a mirada fixa nun libro. Parece concentrado…

Vacas en Sarria convocan unha folga

Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das…

Feijóo quere un tractor “amarillo”

“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña…