Dado o interese de Matt Groening por Trives, a produtora estadounidense Fox confirma que no mes de febreiro de 2017 coincidindo co Entroido, gravarase un capitulo da serie “Los Simpson” polas terras de Trives. Búscanse preferentemente figurantes amarelos con soamente catro dedos en cada man. A produtora informa de que agardan unha gran afluencia de … Seguir lendo
Tag Archives: Trives
Fenómenos paranormais polas terras de Trives
Nestas semanas son numerosas as persoas que afirman ter avistado un elemento non identificable surcando o ceo de Trives. Preguntando por este asunto, unha veciña do lugar confirma a existenca dunha singular personaxe: “Osté sabe ese que saía na tele…. si oh, ese cos calzóns por riba das mallas e cunha capa…. O Superman!, Pois … Seguir lendo
Organizan un casting para elixir a banda tributo aos Cuchufellos
Xa son numerosos os grupos e formacións interesadas en rendir homenaxe aos de Manzaneda. Despois de máis de vinte anos en activo, a banda do macizo central, os Cuchufellos dirá adeus aos escenarios despois desta última xira. É por isto que xa son varias as bandas que comezan a utilizar cancións dos Cuchufellos nos seus concertos, … Seguir lendo
Calatrava restaurará a Ponte do Bibei
O famoso arquitecto visitará Galiza nos vindeiros días para examinar o proxecto in situ. Nestes días o Congreso dos deputados vén de aprobar a declaración da Vía Nova como Patrimonio da Humanidade, conseguíndose o apoio preciso para iniciar os trámites da petición á UNESCO. Entendendo que acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade garantiría aínda máis … Seguir lendo
Javier Gómez Noya participará no próximo barathón de Trives
Javier Gómez Noya, tricampión mundial e de Europa de tríatlon, mostrou hoxe o seu desexo de participar na próxima edición do Barathón de Trives, polo que confía en que a organización logre evitar que coincida coa proba das Series Mundiais que se disputa en Londres. “A miña intención é participar, aínda que coincida con outra … Seguir lendo