Deportes

Javier Gómez Noya participará no próximo barathón de Trives


Javier Gómez Noya o pasado venres en Trives.

Javier Gómez Noya o pasado venres en Trives.

Javier Gómez Noya, tricampión mundial e de Europa de tríatlon, mostrou hoxe o seu desexo de participar na próxima edición do Barathón de Trives, polo que confía en que a organización logre evitar que coincida coa proba das Series Mundiais que se disputa en Londres.

“A miña intención é participar, aínda que coincida con outra proba, pero o ideal sería evitalo e sei que se está traballando para solucionar esta coincidencia de datas”, asegurou Gómez Noya durante a súa visita á feira de Trives da pasada semana.

“A min tamén faime ilusión estar alí. A verdade é que non podo adestrar con eles durante o ano, porque normalmente estou fóra e debo manter unha dieta equilibrada, así como non probar o alcol, así que vir aquí unha fin de semana calquera e velos adestrando con tantas ganas é unha alegría”, sinalou o triatleta galego.

Cartaz do último barathón celebrado en Trives, o pasado xoves.

Cartaz do último barathón celebrado en Trives, o pasado xoves.

 

Sobre os barathletas triveses, Gómez Noya indicou que “hai mozos con moito talento, aínda que é moi pronto para saber se poden chegar á elite ou quedan polo camiño, ao mellor nalgunha esquina. É moi bonito ver que o barathón está consolidado nesta vila, espero que se poidan conseguir moitos éxitos no futuro”.

Gómez Noya estivo acompañado, entre outros, pola directiva de Carnelao, que fixo mención “a importancia das boas cogorzas galegas, sempre con bebidas e licores a casa, ou cando menos, do país”.

O barathón de Trives, que o pasado xoves celebraba a súa III edición, converteuse en pouco tempo, nunha das citas ineludibles no panorama do bebercio galego, convertindo en competición unha das máis antigas tradicións da Galiza, beber ate caer de cú.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.