Ana Blanco gaña o debate electoral a catro

Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a…

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE

Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial…

Descúbrese que Pedro Sánchez e Albert Rivera teñen moitas aspiracións

Despois do acordo asinado entre Ciudadanos e o PSOE, os líderes de ambos partidos declararon as súas aspiracións. Durante a  rolda de prensa acontecida ao fío do acordo de goberno asinado por Albert Rivera e Pedro Sánchez, estes deron as explicacións oportunas das características do texto asinado. Lendo entre liñas deste podemos afirmar tanto as…

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’

Telecinco fichará, en pleno, a toda a executiva do PSOE para que forme parte do elenco da actual edición de Gran Hemano VIP. As últimas filtracións da executiva do partido socialista que sairon á luz recentemente fixo mover ficha aos directivos da cadea privada. A produtora Zeppelin TV, responsábel do programa de entretemento social Gran Hermano VIP,…

Pedro Sánchez: “Menos mal que nos queda Portugal”

O líder dos socialistas desprazouse a Lisboa para pedir aconsello e acubillo ao seu homólogo portugués. Pedro Sánchez visitaba no día de onte ao líder dos socialistas portugueses, Antonio Costa, nun encontro calificado polos medios para buscar consello político, e ver formas de gobernar un país desde o “socialismo”. En rolda de prensa Sánchez expresouse…

Rajoy e Pedro Sánchez ensaian o debate de ‘cuñaos’ de noiteboa

Nun debate, retransmitido por TV, Rajoy e Sánchez discreparon de infinidade de temas desde posicións da altura de barra de bar. Pedro Sánchez e Rajoy, no día de onte emplazados nos salóns e comedores dos españois que dispoñen de televisión, debatiron de diversas temáticas, desde “Os langostinos á plancha ou cocidos” a “abrimos outra botella ou non?…

Pedro Sánchez trabúcase e di que é de esquerda

O lídero do PSOE volve a trabucarse publicamente despois de votar a favor da reforma do aborto presentada polo Partido Popular. Non está a ser unha boa semana para Pedro Sánchez, se onte remataba o día trabucándose na votación do Congreso sobre a reforma do aborto presentada polo PP e na que o líder dos…

Pedro Sánchez crécese e tratará de expulsar a Felipe González e Zapatero

Depois da expulsión de Tomás Gómez o Secretario Xeral do PSOE valora máis expulsións O tsunami desatado coa expulsión do que era do secretario dos socialistas madrileños parece non ter fin. Segundo fontes próximas á executiva do PSOE, a Pedro Sánchez sentoulle ben expulsar a Tomás Gómez e segundo comentan ‘le cogió el gustillo a…

Pedro Sánchez visitará o Luar e Bamboleo

Segundo veñen de confirmar fontes da CRTVG, o secreatrio xeral do PSOE no Estado Español, Pedro Sánchez visitaría os programas Luar e Bamboleo dentro da súa xira polas canles de televisión de todo o estado. Ao parecer o político “socialista” xa tería grabada a súa intervención en bamboleo e acudiría este venres ao programa presentado…

O PSOE subtitúe o retrato de Pablo Iglesias das súas sedes polo de Milton Friedman

No último consello federal do Partido Socialista Obrero Español, esta organización política decidiu adoptar a sinceridade coma nova estratexia política A ponencia aprobada por ampla maioría foi presentada por Pedro Sánchez. Nesta ponencia deixou claro que os ideais que defendeu Pablo Iglesias hai máis dun século xa non representan o sentir maioritario da organización, sendo…