O goberno substituirá o sal nas estradas por glutamato monosódico

A cantidade de coches atrapados pola neve nas estradas provoca un cambio de estratexia tanto do Ministerio de Fomento como da  Xunta de Galiza. Centos de condutores e pasaxeiros atrapados no inverno polas copiosas nevaradas provocan que o goberno pase á acción tras meses de inmobilismo e problemas sucesivos. Segundo ven de indicar o Ministerio…

Mario, sé fuerte

Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela.  O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e…

Feijoo celebrou en MontePío o seu propio domingo fareleiro

Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias. O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados. A festa nocturna na residencia…

Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa

Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado. A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno…

A Xunta de Galiza subvencionará cursos de reintegracionismo en 10 Clubs do país

A Consellería de Educación pagará os cursos de reintegracionismo a un máximo de 1.000 persoas de toda Galiza e en diversas linguas estranxeiras ate un máximo de 400 alumnos. A Consellería de Educación confirma que subvencionará a formación de idiomas ás persoas que estean dispostas a actualizarse en linguas estranxeiras para aplicalo ao seu curriculum…