‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’, dixo o Señor Lobo antes de proceder a limpeza despois da desfeita popular nas municipais e autonómicas. No Partido Popular están dispostos a soltar lastre e vano facer profesionalmente. Segundo fontes próximas ao partido, os populares van recorrer a un profesional cualificado para desfacerse de todos os cadáveres…
Etiqueta: municipais
Dispáranse os prezos das destrutoras de papel despois das municipais
Unha alta demanda procedente de concellos do Partido Popular fai que o seu prezo se multiplique Segundo informan fontes da patronal de papelerías e aparatos de oficina, a demanda de destrutoras de papel aumentou espectacularmente ata o punto de que o seu prezo disparouse e o stock xa escasea. De feito hai quen informa xa que…
Feijóo aparece cun traxe de buzo na Moncloa
Núñez Feijóo tratou de enviar así un mensaxe subliminal ao presidente do goberno estatal, Mariano Rajoy. O presidente da Xunta de Galiza apareceu na mañá deste luns 25 de maio na moncloa uniformado cun traxe de buzo, enclara referencia a como tivo como sobrevivir na pasa da xornada electoral do domingo. O uniforme completo de…
Alcalde merca un crocodilo para ter máis ‘mordidas’
A crise leva aos alcaldes a ser imaxinativos para manter o nivel de ‘mordidas’ A crise do ladrillo e o conseguinte pinchazo da burbulla inmobiliaria baixou o nivel de renta de moitos alcaldes. O nivel de construción retrocedeu a niveis dos anos oitenta e isto provoca que o nivel de ingresos ao que estaban acostumados…
O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades
O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados…
O PP de Vila de Cruces presentará una cabra como Nº 1 da súa lista electoral para as municipais
Segundo acaba de confirmar a Xunta Electoral de Zona da comarca do Deza a Cabra Balbina será a número un da candidatura popular ás eleccións municipais en Vila de Cruces. Parece ser que esta elección causou un grande rebumbio e malestar no seo da agrupación, non porque pensen que Balbina non está á altura do cargo, xa…
Os asfaltados pola proximidade das eleccións fan subir o prezo do petróleo
A proximidade das eleccións municipais en Galiza fai subir os prezos mundiais do petróleo de xeito alarmante. Os alcaldes galegos, coñecidos adictos ó chapapote en período preelectoral, provocaron nas últimas semanas unha eacalada dos prezos do petróleo pesado a nível mundial ate o punto de paralizarse obras en diversos lugares do mundo. Nestas datas o…
Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de…
