Cando se pensaba que John ‘Breogán Riobóo’ Snow estaba morto, a historia da un xiro inesperado e volverá para reclamar o trono da casa Stark das mans da meiga vermella que será interpretada por Carmen Santos. A nova tempada de Xogo de Tronos está a xenerar moita expectación e en Galiza aínda máis despois de … Seguir lendo
Tag Archives: galicia
Podemos Galicia instalará un ring de boxeo no seu Consello Cidadán
Visto que os problemas continúan en Podemos Galicia aínda despois de ter feito novas eleccións para escoller á nova dirección, a formación de Pablo Iglesias optará por resolver os problemas a hostias. Para iso procederán a instalar un ring de boxeo na sede do Consello Cidadán galego onde poderán resolverse pola forza todas as cuestión … Seguir lendo
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co … Seguir lendo
Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os … Seguir lendo
Ciudadanos proporá en Galiza que todo siga como está
A formación de Albert Rivera preséntase en Galiza cun programa de continuidade. Ciudadanos, o partido político emerxente que parece ser o único capaz de facerlle fronte a Podemos no estado español, inicia a súa aventura galega co aval do exalcalde da Coruña Paco Vázquez. O partido de Rivera fixo así un chamamento “a cidadanía española residente … Seguir lendo
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o … Seguir lendo
Manifestación pola dependencia de Galicia
Varias organizacións están a estudar a convocatoria dunha manifestación “dependentista” para contrarrestar as mobilizacións nacionalistas do 25 de xullo na Galiza O Partido Popular xunto con UPyD, Cidadanos, Vox, a Falange e Paco Vázquez están a recabar apoios para convocar unha mobilización a prol da dependencia de Galicia. “Galicia es España, Gibraltal es España, Perejil … Seguir lendo
A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI
Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma … Seguir lendo