Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…
Etiqueta: galicia
Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…
Ciudadanos proporá en Galiza que todo siga como está
A formación de Albert Rivera preséntase en Galiza cun programa de continuidade. Ciudadanos, o partido político emerxente que parece ser o único capaz de facerlle fronte a Podemos no estado español, inicia a súa aventura galega co aval do exalcalde da Coruña Paco Vázquez. O partido de Rivera fixo así un chamamento “a cidadanía española residente…
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…
Manifestación pola dependencia de Galicia
Varias organizacións están a estudar a convocatoria dunha manifestación “dependentista” para contrarrestar as mobilizacións nacionalistas do 25 de xullo na Galiza O Partido Popular xunto con UPyD, Cidadanos, Vox, a Falange e Paco Vázquez están a recabar apoios para convocar unha mobilización a prol da dependencia de Galicia. “Galicia es España, Gibraltal es España, Perejil…
A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI
Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma…
