O plan Bolonia asegura así que todo o mundo poda ter un título universitario. A Consellería de Educación vén de confirmar nas últimas horas que a experiencia efectivamente é un grado é como tal será convalidado para todos aqueles que o soliciten e demostren ter cando menos unha experencia mínima de 10 anos nas materias…
Etiqueta: Educación
Oriente Bilingüe: ‘Nos imponen el Dothraki’
A asociación Oriente Bilingüe denuncia que aos Dothraki lle están a impoñer o seu idioma. Os sete reinos están convulsos e acaba de saltar unha nova polémica que ven de denunciar a asociación Oriente Bilingüe. ‘Te le están a imponer el Dothraki a los niños dothraki. Es terrible!”, indican dende a asociación. Dende o Trono…
Ikea esíxelle a Jesús Vázquez que deixe de utilizar as súas rollas de cociña como bufandas
A multinacional sueca solicitou formalmente ao Conselleiro de Cultura e Educación que deixara de utilizar a súa liña textil de cociña como complementos de moda. O anuncio foi realizado mediante unha escueta nota de prensa que emitiu a empresa e na que simplemente se informaba de que lle fixeran chegar un burofax ao conselleiro para…
A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo
O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’ Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da…
Últimas clases da Teoría da Evolución
A polémica materia de Coñecemento do Medio e a súa teoría da evolución de Darwin ten os días contados. O ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciará hoxe no Congreso, previsiblemente, a supresión desta materia do currículo académico durante a súa primeira comparecencia na Cámara Baixa na que exporá as reformas educativas que abordará nesta…
