Cultura

Oriente Bilingüe: ‘Nos imponen el Dothraki’


A asociación Oriente Bilingüe denuncia que aos Dothraki lle están a impoñer o seu idioma.

Os sete reinos están convulsos e acaba de saltar unha nova polémica que ven de denunciar a asociación Oriente Bilingüe. ‘Te le están a imponer el Dothraki a los niños dothraki. Es terrible!”, indican dende a asociación.

Dende o Trono de Ferro xa indicaron que apoian as teses de Oriente Bilingüe. ‘Que mierda es eso de siete reinos. Aquí solo hubo uno dende los primeiros hombres. Debemos acabar con los nacionalismos que debilitan la economía y se empeñan en hablar en lenguas que solo saben ellos’, indocou a Man do Rei nunha rolda de prensa.

Dothrakiescolas que poderían pasar a ser chamadas ‘A Galiña Valiria’ se triunfan as teses do Trono de Ferro

‘Sabemos que en las Dothrakiescolas les hablan en su dialecto. La educación debe ser una competencia exclusiva de Desembarco del Rey. Vamos a enviar a la policía y a la guardia civil del reino para que impongan orden y los vamos a enviar en un barco con un pájaro amarillo para que acojone más. Por si acaso también llevaremos fuego valirio”, indicaron.

Algúns dothrakis nos que penetrou a tontería da imposición fixeron unha pequena manifestación no campamento de Khal Drogo que foi rapidamente disolta tras darlles este unha colleja e dicirlles ‘Deixade de facer o parvo…”.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s