Política

Un clon de Albert Rivera ocupará a presidencia do PP


Aznar rebenta o bandullo de casado e entre sangue e vísceras di: “Era Yo Casado”

Tras varias semanas de intensa campaña, consecuencia da moción de censura que provocou a caída de Mariano Rajoy no Goberno e colocou a Pedro Sánchez na Moncloa, o Partido Popular ven de elexir novo presidente. Trátase de Pablo Casado, famoso polo seu parecido, ideolóxico e físico con Albert Rivera.

Diferentes sondaxes amosan que a cidadanía non é capaz de distinguilos nin a nivel discursivo nin físico, a confusión chega ás suas propias filas, ónde persoas do seu propio partido atopan serias dificultades para saber con que están falando. A propia Inés Arrimadas confesou que o pasado domingo se levaron accidentalmente a Casado a dar un mitin e que ninguén se percatou ata que pasadas unhas horas se puxo unha chapiña do PP na solapa.

Ademáis, tres dias despois de que Pablo Casado gañase as eleccións, unha nova ven de complicar todavía máis a trama. Jose María Aznar, expresidente do Goberno e a quen todo o mundo daba por retirado, conseguiu abrirse paso entre as visceras de Pablo Casado, cómo se dunha película de Alien se tratase, berrando “Que os lo habéis creído, Casado soy yo. Muahahahahahah”. Médicos do “Hospital La Paz” están tratando de ver a maneira de devolver a Aznar dentro do corpo de Casado.

Tras estes últimos e estranos acontecementos, non fica claro quen será finalmente o secretario xeral do Partido Popular, máis todo apunta a que podería ser de novo Jose María Aznar.

Pola súa banda, fontes cercanas ó líder de C’s recollen que o verdadeiro Albert Rivera foi ingresado nun centro psiquiátrico cunha forte crise de identidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.