Despois de semanas de incógnitas sobre os seus estudos o presidente do PP saca a relucir o seu único máster.
Pablo Casado convocaba a prensa para primeira hora desta mañá para facer declaracións sobre os seus estudos.
A expectación palpábase no ambiente ante a posibilidade de que Casado puidese aclarar finalmente o sucedido co seu máster desaparecido, e diso se tratou.
Con dez minutos de retraso sobre a hora prevista, o líder dos populares chegaba sorrinte á súa cita cos medios e ante todo esa expectación e revuelo xerado, Casado alzaba o se “máster”, un vinilo orixinal de Master of puppets todavía sen abrir.
Con todos os medios perplexos ante tal aportación, Casado, que non admitiu preguntas, instou a que se alguén tiña algunha dúbida acerca do contido do disco, podía escoitalo ao completo en Spotify.