O duro traballo de CCOO nas negociacións coa patronal permite unha subida “necesaria” segundo os monarcas. A Monarquía española aumentará a partir do vindeiro ano á súas percepcións salariais nun 1.5%, polo que o actual rei pasará a percibir preto dos 250.000€ euros anuais, un salario “case digno” segundo fontes da Casa Real. En cambio … Seguir lendo
Tag Archives: casa real
A España váiselle das mans a cortina de fume por Urdangarín
A inminente entrada en prisión do cuñado do rei desata un tifón de merda nos noticiarios do estado. Todo comezaba o pasado martes cando tras unha presunta chamda telefónica da Casa Real ao Florentino Pérez, este iniciaba a operación “Fumata Branca” que non sería outra cousa que unha cortina de fume para tentar tapar o … Seguir lendo
O funcionario encargado de soprar a sopa da infanta enfróntase a un expediente disciplinario
Un funcionario será expedientado por permitir que a sopa chegara demasiado quente á boca da infanta. A celebración do 50 aniversario del Rei encheu os medios e revistas de fotografías nunha campaña de imaxe sen precedentes. Pero foron moitas as persoas que se sorprenderon de que, a pesar de que todo estaba perfectamente estudiado e … Seguir lendo
Divorcio Real entre Don Juan Carlos e Doña Sofía
O incremento da rumoroloxía entorno ao cese da convivencia entre o Ex-Rei e dona Sofía presaxia un divorcio inmninente. Nas últimas horas, fontes confidencias confirman, presuntamente, o desenlace dunha parella que naceu na cuberta dun barco alá polo ano 54. Todo apunta que burdeles, barcos e fulanas nada teñen que ver nesta decisión que partiría … Seguir lendo
Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”
A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”. Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias … Seguir lendo