En Marea instalará detectores de metais no seu plenario

A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis…

Ticketmaster venderá entradas e palomitas para Vistalegre II

“Ya que vamos a dar el espectáculo por lo menos sacar beneficio”, declarou Pablo Echenique O grupo de traballo que está a organizar a asemblea de Podemos acaba de anunciar un acordo con TicketMaster, unha empresa de venta de entradas de eventos de todo tipo. Nada máis darse a coñecer a noticia a empresa xa…

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico

Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica. Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período. Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites…

Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional

A formación porá un afiador á disposición da súa militancia A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista prevese tensa e, para ‘facilitar’ os acordos, a formación porá un afiador á porta do Pazo de Congresos e Exposición de Santiago de Compostela, lugar onde se celebrará a asemblea, para que todo o mundo poida ter as…