O Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España fai hoxe publica a nova medida a implantar nos centros infantís a partires do próximo curso escolar, a materia de relixión será obrigatoria para os nenos de entre 0 e 4 anos. Despois dos últimos datos dos que se desprendía unha baixada de entorno a…
Categoría: Sociedade
As tatuaxes de José Fernando Ortega Mohedano esconden os planos da cárcere de Sevilla-1
Como se dun filme se tratara, os servizos médicos da cárcere de Sevilla-1 descubriron a pasada noite que as tatuaxes de José Fernando Ortega Mohedano ocultaban tras de si unha mensaxe, concretamente os planos da prisión onde se encontra e na que nos próximos días recalará seu pai, José Ortega Cano. A pasada noite, José…
Os músculos de Aznar, resultado de múltiples operacións cirúrxicas
José María Aznar luce unha impresionante figura que o converte nun dos homes máis desexadas do planeta e agora, grazas á revista Life&Style e a unha fonte que contactou coa publicación, sabemos que o seu espectacular torso non é froito unicamente do traballo duro no ximnasio. Segundo o citado medio o expolítico e empresario español,…
Fraga fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead
O expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead. Fraga terá a súa estrea televisiva durante un capítulo que se está a rodar no mes de agosto nos estudos da compañía ABC en Toronto e que se emitirá no estado español durante o ano que…
Apostatan centos de veganos e pásanse a Carnelao
Máis de douscentos veganos acaban de apostatar do veganismo O suceso ocorreu o domingo pasado na cidade de Vigo onde unha familia estaba facendo unha churrascada e o cheirume provocou a excitación da pituitaria dos veganos que romperon os seus apios, tiraron os tofus e fumaron as súas rúculas ante os atónitos ollos dos…
Gayoso no Interviú
Xosé Ramón Gayoso sairá no Interviú a semana próxima. O posado do veterano presentador galego era un dos máis codiciados pola coñecida revista. Fontes confidenciais afirman que a publicación conseguiu que Gayoso accedera despois da aparición de certas fotos comprometedoras do presentador xunto con Nucha e Mucha. Fontes internas da revista avisan de que nos…
