O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto. Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale … Seguir lendo
Tag Archives: orzamentos
Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de … Seguir lendo
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o … Seguir lendo
Facenda presenta os orzamentos da Xunta nun pendrive con forma de supositorio
O pasado 20 de outubro a Consellaría de Facenda presentou os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2015 e, para facerse os modernos, presentáronnos nun pendrive. A noticia saltou ao saberse que o dito pendrive tiña forma de supositorio. O feito non é a primeira vez que acontece na Xunta na Galicia pois … Seguir lendo