Uncategorized

Abel Caballero rescata 1 a 1 aos 316 feridos no derrubamento de O Marisquiño


O alcalde de Vigo personouse rapidamente no lugar da traxedia para axudar aos servizos de emerxencia.

Caballero non falla, unha vez máis o alcalde da cidade olívica apareceu no lugar onde se concentraban os focos. Desta volta para, coas súas mans, sacar de un en un a todas as persoas feridas e seputadas por unha parte do peirao que se derrubou durante a celebración dun dos concertos de O Marisquiño.

Abel Caballero, que tras enterarse do acontecido, baixou de xeito espectacular coa súa bicicleta polo casco vello de Vigo emocionou aos presentes ao salvar a centos de persoas na noite do domingo.

Nestes momentos especúlase coa posibilidade de que sexa o propio alcalde quen esté a coidar aos propios feridos no hospital Álvaro Cunqueiro, aínda que polo de agora non foi confirmado polo complexo hospitalario.

2 thoughts on “Abel Caballero rescata 1 a 1 aos 316 feridos no derrubamento de O Marisquiño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.