Sociedade

O santo Antón deixa centos de cans bautizados en contra da súa vontade


Ducias de igrexas e capelas abriron as súas portas para dar bautismo aos animais domésticos no día do seu patrón.

Un ano máis o santo Antón non deixa indiferente a ninguén, e centos de animais de casa foron obrigados a acudir ás capelas e igrexas abertas para bendicilos e/ou seren bautizados.

O conflito residiu en que moita da xente que decidiu levar ás súas mascotas perante os seus respectivos párrocos non cavilaron na posibilidade de que algúns destes cans, gatos e demais fauna non tiñan interese, e incluso eran contrarios a tal rito.

Deste xeito moitos foron os cans que deambulaban tristes e cabizbaixos tras seren pasados pola auga bendita e as vontades do santo Antón.

Desde a Asociación Galega de Animais Laicos (AGAL) animan aos bichos a apostatar, e indican nun bando informativo os pasos a seguir para conseguilo. Tamén fan un chamamento aos donos que antes de tomar unha decisión como a de bautizar aos seus cans e gatos pensen no que eles en verdade quererían, como un anaco de carne ou uns ósos para roer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.