A sorpresa foi maiúscula entre as asistentes a Comadres na vila de Verín. Milleiros de mulleres quedaron atónitas no día de onte ao descubriren que unha das persoas que se atopaban ao seu carón se trataba dun home ataviado con toupa e maquillaxe de muller. O xoves de comadres, a festa por antonomasia das mulleres … Seguir lendo
Tag Archives: entroido
Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres
A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria. A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves, … Seguir lendo
Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña
En diferentes cidades galegas ducias de veganos xuntaronse a carón de cacharelas para despedir o entroido dun xeito particular. Fundamentalemente na provincia de Ourense, onde o Entroido ten un maior peso, pero tamén nalgunhas vilas e cidades do norte galego, como A Coruña ou Compostela, ducias de veganos puxéronse dacordo para darlle o último adeus ao … Seguir lendo
Propinan unha malleira a un mozo por confundir un Peliqueiro cunha Pantalla en Laza
O mozo de 27 anos permanente na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo hospitalario de Ourense. Todo sucedía durante a mañá deste pasado luns na aldea de Laza. No medio do festexo da “farrapada” un mozo de 27 anos do que non trascendeu identidade, acercouse a un grupo de peliqueiros para ter unha instantánea deles, … Seguir lendo
[Especial Entroido] Feijoo disfrazado de Marcial Dorado
Reporteiros de Tempos Galegos obtiveron este bonito posado previo ao martes de Entroido Seguir lendo
Polémica en Xinzo de Limia polo uso de vexigas humanas durante os festexos do Entroido
As Pantallas, figuras ilustres do Entroido limiao, terían usado vexigas humanas durante os últimos 27 anos. Desde a pasada semana non se fala doutra cousa na comarca da Limia, as Pantallas de Xinzo poderían pasar á historia tal como as coñecemos ate o de agora. Unha denuncia anónima puña en sobreaviso aos membros das forzas … Seguir lendo
[Especial Entroido] Rajoy irá disfrazado de pantalla a Xinzo de Limia
Como nas revistas de moda imos publicar un especial cos mellores disfraces que atopemos nestes días de festa e entroido. Os nosos reporteiros roubaron esta foto de Rajoy, cazado in fraganti, en Xinzo de Limia Seguir lendo