Descobren auga líquida en Marte e a un galego bañándose nela dicindo: “Está boísima, metédevos” Foi o pasado día da Nación Galega cando un grupo de científicos italianos anunciaron o achado dun lago subterráneo de auga salgada baixo unha capa de xeo no polo sur do planeta vermello. A maior das sorpresas chegou cando observaron … Seguir lendo
Tag Archives: Auga
Pánico entre os veciños de Compostela polo avistamento dun disco ardente no ceo
Dous hipsters rubios entraron en combustión tras ser alcanzados pola luz do obxecto. A veciñanza de Compostela espertou hoxe entre o temor e o pánico tras comprobar que había un disco ardente no ceo que causou o desconcerto e o medo de centos de persoas. Durante as primeiras horas do avistamennte foron numerosas as chamadas … Seguir lendo
Beatriz Mato: “El agua del grifo sale de las lágrimas de los unicornios”
A conselleira de Medio Ambiente, despois de indicar que “La gente cree que el agua que le llega al grifo cae del cielo, y no es así”, desvela o método que utiliza a Xunta para obter auga potable. O departamento da Xunta de Galicia que dirixe Beatriz Mato acaba de facer público o método que … Seguir lendo
Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos
Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga. Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago … Seguir lendo