Un home foi capaz de facer dúas cousas á vez porque a súa parella estaba de folga
Sociedade

Un home foi capaz de facer dúas cousas á vez porque a súa parella estaba de folga

Por primeira vez na historia un home é capaz de realizar dúas cousas á vez forzado pola ausencia da súa compañeira que estaba a participar na folga feminista do 8 de marzo. Científicos de todo o mundo están a estudiar o caso de Andrés F. R., de Coristanco, que pasará a historia por ser o … Seguir lendo

Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante
Actualidade

Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante

Hordas de mulleres armadas con cánticos antiepiscopais e bombos causaron o terror na capital do país. Compostela, 12h, cánticos satánicos comezan a perturbar o descanso de milleiros de composteláns e turistas da capital. A manifestación convocada polas manifestacións feministas, previa o vindeiro 8 de Marzo, converteuse o pasado domingo no azote brutal do noso ben … Seguir lendo

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica
Actualidade

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica

Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”. O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi … Seguir lendo

Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas
Política

Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas

O expresidente da UPG fará unha ponencia na asemblea do BNG para a creación dun centro de reeducación para as feministas nacionalistas que se están a volver demasiado explícitas. A polémica xurdida pola negativa do medio voceiro da UPG, Terra e Tempo, a publicar unha serie de artigos do home que leva o nome da súa … Seguir lendo

A conferencia episcopal preocupada polo travestismo do Día de Comadres
Sociedade

A conferencia episcopal preocupada polo travestismo do Día de Comadres

A conferencia episcopal acaba de emitir un comunicado no que expresa a súa alarma pola celebración pagana do día de comadres. Engaden tamén a súa preocupación polo feito de que miles de mulleres anden solas pola rúa e ata altas horas da madrugada en moitos casos. Segundo explican estas cousas “hacen llorar al miño Jesús” ao … Seguir lendo