O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso. Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns … Seguir lendo
Tag Archives: luar
Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.
A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a … Seguir lendo
Planeta DeAgostini lanzará unha colección de fascículos do Luar
Poderanse mercar os números 1 e 2 o próximo luns nos kioskos e librerías de todo o país e traerá, de regalo, un pelo do Gayoso. O exitoso programa da TVG estará nos kioskos de toda Galiza para o deleite dos seus milleiros de seguidores. As 22 tempadas e todos os programas completos e especiais de … Seguir lendo
A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns
O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación … Seguir lendo
Pedro Sánchez visitará o Luar e Bamboleo
Segundo veñen de confirmar fontes da CRTVG, o secreatrio xeral do PSOE no Estado Español, Pedro Sánchez visitaría os programas Luar e Bamboleo dentro da súa xira polas canles de televisión de todo o estado. Ao parecer o político “socialista” xa tería grabada a súa intervención en bamboleo e acudiría este venres ao programa presentado … Seguir lendo
Gayoso no Interviú
Xosé Ramón Gayoso sairá no Interviú a semana próxima. O posado do veterano presentador galego era un dos máis codiciados pola coñecida revista. Fontes confidenciais afirman que a publicación conseguiu que Gayoso accedera despois da aparición de certas fotos comprometedoras do presentador xunto con Nucha e Mucha. Fontes internas da revista avisan de que nos … Seguir lendo