O BNG citará todos os seus votantes no Avante


O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante.

proceso avanteSegundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca! non recibiu convocatoria xa que agardan que xa estean alí e así aforrarán mandarlle o texto.

Na xuntanza tamén se tratará de cambiar o nome do proceso encetado tras o fracaso da organización nas anteriores eleccións. Deste xeito proporáse cambiar o nome do proceso Adiante para refundar o BNG polo novo “Proceso Avante”.

Ademais do cambio de nome a convocatoria tocará varios temas:

  • O españolismo de Anova
  • O españolismo de EnMarea
  • O españolismo dos nacionalistas que antes estaban no BNG
  • O españolismo do españolismo
  • Os gintonic con ou sen pepino

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.