Paco Rodríguez pídelle a Breogán Riobóo que purgue a Aymerich


Visto que o Bloque non se atreve a facer movementos internos nestas datas tan convulsas para a formación nacionalista decidiron solicitar o apoio ao rival electoral para facer o traballo.

paco rodriguez pensando breogan riobooO que fora secretario xeral da UPG solicitoulle formalmente a Breogán Riobóo que bote do BNG a Aymerich.

Segundo explicaron fontes próxima á fronte nacionalista non se poden permitir excándalos internos nestes momentos tan delicados para o BNG pero segundo dixeron ‘a este rapaz sáello todo tan natural que ata as purgas de decenas de dirixentes non lle son criticadas’.

A solicitude fíxose no día de onte e agárdase para a xornada de hoxe a resposta do líder de Podemos en Galicia. Dende a corrente maioritaria da organización frontista agardan que a resposta sexa positiva. ‘Se é o que lle gusta non cremos que nos vaia a dicir que non’, declararon ao que engadiron ‘ademais Aymerich foi o que lle fixo o informe sobre o grupo parlamentar. Seguro que se o intentan pódeno fichar’.

Paco Rodríguez xa declarou que se Breogán Riobóo accedía, colgaría a súa foto no seu despacho entre a de Lenin e a de Stalin.

One Comment Add yours

  1. Tarsan's avatar Tarsan di:

    …e a Camilo Nogueira tamén?????????

Deixa unha resposta a Tarsan Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.