O vicepresidente de Abanca e presidente do Grupo Banesco decide mover os seus cartos ao país helvético en busca de tranquilidade.

Escotet, un novo membro da #SwissLeaks
Juan Carlos Escotet figura na famosa lista Falciani, iso é o que se deixa entrever da última nota de prensa enviada polo ex traballador do banco suizo HSBC. Entre os clientes da entidade financeira e compartindo espazo con outros ilustres como Fernando Alonso ou Botín, o venezolano ábrese paso con contas bancarias destinadas, presuntamente, a acubillar a ferralla procedente da entidade Abanca.
O sentir común de Escotet polos seus cartos teríanlle feito tomar esta decisión ante a posibilidade da entrada de Podemos no goberno do Estado e a inminente nacionalización dos bancos españois.
Preguntado por estes feitos o vicepresidente de Abanca declinaba facer declaracións e aproveitaba para asegurar a solvencia do que no seu momento fora unha das caixas galegas máis importante.