Política

Esquerda Unida Vigo colaborará con AGAL para a campaña das municipais 2015 na cidade olívica


Esquerda Unida Vigo e AGAL chegaron nos últimos días a un principio de acordo para un traballo conxunto de cara as próximas eleccións municipais de 2015.

Miguel R. Penas e Rubén Pérez presentando o convenio para a cidade de Vigo.

Miguel R. Penas e Rubén Pérez presentando o convenio para a cidade de Vigo.

Así o confirmaba este sábado Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida en Galiza, dentro do marco das palestras “por un novo país” nas que participaban colonizadores españois de Izquierda Unida, tales como Alberto Garzón ou Lara Hernández.

Ruben Pérez, unha das persoas chamadas a liderar aos esquerdentos na cidade viguesa, cando menos antes do nacemento das Mareas, explicaba así que este “convenio” con AGAL hai que velo dentro do contexto sociopolítico actual, pero tamén no lingüístico. “A meirande parte dos habitantes vigueses son, ou proceden, de Portugal ou proximidades, consideramos fundamental dirixírmonos a eles no seu idioma, e aproveitando que esta grafía galega permítenos esa simbiose galego-portuguesa, o máis acaído é aproveitarnos dela”.

Pola súa parte AGAL na voz do seu presidente, Miguel R. Penas, confirma a noticia e expresa a súa ledicia porque partidos españois consideren a opción “reintegrata” para expresarse en Galiza. “Como associaçom em defesa ao modelo ortográfico é nossa obrigaçom ajudar a quem o peça. Desta vez som estes esquerdistas, e nom ignoraremos os seus gritos de ajuda”.

One thought on “Esquerda Unida Vigo colaborará con AGAL para a campaña das municipais 2015 na cidade olívica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.