A policía estreita o certo á familia Pujol e investiga incluso en Marte
Á familia Pujol non para de ter desgustos. Se onte foi posto en liberdade con cargos o fillo do expresidente da Generalitat hoxe coñecemos que a brigada de delitos económicos da policía investigou a existencia dun paraíso final no marciano no que estaba inserido Pujol na película Desafío Total dirixida polo director neerlandés Paul Verhoven.
A operación na que participaron a Interpol e a NASA involucrou a utilización dos rover de Marte Opportunity e Curiosity que conseguiron as probas que delatan a existencia dunha conta situada nun paraíso fiscal que se atopaba no sobaco do mutante que compartía corpo con Pujol. A contía da conta descoñécese no momento do peche de redacción desta nova.