A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs. A denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’, … Seguir lendo
Tag Archives: eta
Galicia Bilingüe e UPyD denuncian que a Xunta de Galiza financia a RG
Un comunicado conxunto feito público este martes baralla a posibilidade de que o goberno galego financie a terroristas. Era un ruxe-ruxe que facía tempo viña soando, e este martes confimábase, Galicia Bilingüe e UPyD xuntan as súas forzas en Galiza para loitar contra “actitudes nepóticas” dos diferentes gobernos do Partido Popular. Deste xeito o colectivo … Seguir lendo
Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un
O exvicesecretario xeral do PSOE, Alfonso Guerra, foi o encargado de coordinar a campaña electoral comunista, segundo informes da CIA, e pola cal Kim Jong-un acadou uns resultados do 100% dos votos nos pasados comicios. A mensaxe política e a imaxe foron os puntos clave da campaña dirixida polo español, isto é, os dirixentes comunistas … Seguir lendo
Deteñen o tendeiro que lle vendeu o pan a nai dun etarra
O Ministerio do Interior difundiu hoxe por twitter unha operación na que se detivo a cúpula dunha tenda de ultramarinos. Segundo puido averigüar este xornal o tendeiro e propietario da tenda vendíalle o pan todos os días a nai dun membro de Eta condenado por diversos atentados. Fontes policiais indicaron que o pan foi utilizado … Seguir lendo