Así reaccionaba o presidente da Xunta de Galiza ante as preguntas dos periodistas acerca da desafección pola política no país, así como pola subida do paro deste último mes de setembro.

Nuñez Feijóo saíndo da rolda de prensa desta mañá
Feijoo despois de dar una rolda de prensa ao medios na fixo una valoración da actividade da Xunta nas últimas semanas, deixaba aos periodistas congregados que lle fixeran una pregunta por medio de comunicación.
Así ante as preguntas de GaliciaConfidencial e PrazaPública sobre os últimos datos de paro e afiliación a Seguridade Social, como ante o recente estudo sobre desafección política que sitúa a Galiza a niveis de Italia, Polonia ou Bulgaria, o presidente do executivo galego contestaba: “la culpa es del ChaChaChá”. Sorprendidos ante a resposta un dos xornalistas de SermosGaliza preguntaba ao narcopresidente a que se refería con esa información, pregunta a cal o presidente declinou contestar “non teño o deber de contestar a quen financia o terrorismo e a Resistencia Galega, entreguen as armas e despois falaremos”.
Especúlase que estas saídas de ton de Alberto Núñez Feijóo poidan ser debidas a algunha substancia estupefaciente, ou ben ao mal humor debido as noticias internas do PP, que colocan ao político galego fóra dos postos de relevo do presidente do goberno hespañol, Mariano Rajoy.