Política

Luis Eyré ‘Palleiro’ formará un “Cadrado de Podemos en Chantada”


Tras os grandes resultados nas pasadas europeas ao longo do país, o partido de Pablo Iglesias faise un oco no concello lugués

luis-eyre-podemos-correccion“Eu son o portavoz porque me elixiron, aquí existe autonomía porque non se piden carnés nin militancias, ‘Podemos’ somos todos, toda a cidadanía, e neste partido a cidadanía constitúese en asembleas con total autonomía, onde ademais poden atoparse distintas sensibilidades, ideoloxías e crenzas, porque todos temos en común unha cousa, e é que estamos fartos de Beiras, Martiños e da corrupción”. É a carta de presentación de Luis Eyré, ate o de agora militante de Anova e que seguirá compaxinando co traballo no Cadrado Podemos de Chantada.

Pero non está só, xunto a el unha ducia de persoas, as cales expresaban a súa intención previa de que Anova confluíse co BNG e Podemos, Equo, Compromís, Partido X e Bildu de cara as Europeas, serán así mesmo copartícipes da extensión e implantación no municipio. “Formaremos un chisme desos, un cadrado, aquí en Chantada”, engade.

Por todos estes motivos, e porque xa cansados de que “PP, PSOE, EU, UPyD… Todos sexan o mesmo”, este grupo dos chamados nacionalistas de Anova, decidiu unirse para crear o “Cadrado” Podemos de Chantada, que celebrará asembleas periódicas. Segundo opinan desde ‘Podemos Chantada’, “neste país hai que reivindicar outro modo de facer cultura e non a forza de pagar”.

Respecto da desconfianza xeneralizada existente por parte dos cidadáns de cara a calquera político, proceda do grupo que proceda, Eyré deixa claro que “En ‘Podemos Chantada’ funciónase de xeito dixital, a dedo, e todos temos a mesma importancia e as nosas opinións, aínda que algunhas loxicamente pesen máis”.

Preguntado por se os resultados de Anova/AGEE influiron nesta decisión, Luís Eyré é claro, “Nós xa no referendo apostamos polo BNG, por Podemos, por Compromís e Equo. Por todo o que non fora AGE, pero o xiro españolista de Beiras no último momento dinamitou a verdadeira fronte ampla que sería quen de derrubar ao bipartidismo”.

2 thoughts on “Luis Eyré ‘Palleiro’ formará un “Cadrado de Podemos en Chantada”

  1. Unha persoa que no momento que puido non fixo nada polo seu concello debe afastarse completamente do que representa Podemos. Deixen paso ás novas xeraciós que o seu sigue sendo o mesmo co que vimos tragando.

  2. eu nunca fun partidario de ningún partido político,pero sintome identificado con PODEMOS e gustariame participar nese proxeto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.