Política

O PSOE de Vigo declárase monárquico


rei-de-VIGO

Abel Caballero I, rei de Vigo

A pesar da tradición republicana do PSOE e dos seus propios antecedentes políticos, militantes do PSOE en Vigo non tiveron onte reparo algún en declararse “monárquicos” ante os micrófonos de TemposGalegos. Iso si, os propios representantes do PSdeG-PSOE en Vigo acotaron que “somos monárquicos dunha Monarquía constitucional viguesa, da que o Rei Abel Caballero é un magnífico xefe de Estado”.

Os representantes institucionais enxalzaron a Abel Caballero porque “respecta escrupulosamente a Constitución e exerce con mestría as funcións que lle atribúe”.

Estás declaracións saen a luz, nun momento clave para o PSOE, despois da dimisión do seu secretario xeral no Estado español, Alfredo Pérez Rubalcaba, e na que os diferentes sectores do partido saen a escena a demostrar o seu músculo e a súa concepción do futuro político do partido da rosa.

Autodenominados como “Abelinos” o PSOE vigués deixa entrever ansias por unha certa independencia a nivel federal, así como a súa propia folla de ruta desmarcada de Ferraz, ligazón a cal definen como “a causa dos malos resultados do PSOE na cidade olívica nestes comicios europeos”.

One thought on “O PSOE de Vigo declárase monárquico

  1. Pingback: O PSOE de Vigo declárase monárquico | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.