Actualidade

Atopan, no Galicia Confidencial, un troll do BNG que fala ben de Anova


troll galicia confidencial

Infografía: reconstrución do troll ‘bueno’ realizada por un experto

Nas últimas horas, ven de ter lugar un feito inusual no mundo da información galega, e é que no GaliciaConfidencial, foi atopado un Troll do BNG falando ben de Anova.

Dende a dirección nacional do  de ate fai un ano partido nacionalista maioritario, explican que están a estudar o caso e seguirán o procedemento habitual nestes casos, apertura de expediente disciplinario e lectura de todos os libros de Francisco Rodríguez e Bautista Álvarez ata que reflexione no sucedido.

Por parte de Anova-Irmandade Nacionalista, o responsábel de Relacións Políticas,  amosouse sorprendido á par que halagado por este suceso, e achaca o sucedido ao apoio que houbo dentro de Anova a ir en coalición co BNG para as europeas da que el mesmo foi asinante. Continuou dicindo que Anova manterá a porta aberta aos ‘trolls buenistas que surcan as redes’, dando asilo político, a todos os que sexan castigados polo BNG xa que en Anova non hai expedientes disciplinares. ‘Se alguén discrepa moito o mandamos para Redondela ou para Cangas e senón suspendémolo de militancia un par de anos’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.